7/6/20

PINTAMOS COAS PEGADAS DAS MANS

A pegada da man é unha das técnicas máis simpáticas e divertidas para os nenos e nenas.

Para empezar debemos dispoñer dun vaso con pintura de dedo, un pincel, un trapo mollado con auga ou un cubo ou recipiente cheo de auga e unha toalla seca (mellor se é vella e podémola refugar) ou de papel de cociña, así como unha bata para o pintor ou pintora.

Como xa coñecemos a técnica consiste en pintar cun pincel a man da cor ou cores desexados e logo realizar unha estampaxe nun papel branco, negro ou de calquera outro cor, segundo necesitémolo.

Cando a pegada estea seca podemos adornala para que se pareza a un animal, un personaxe ou o que queiramos e ocórrallenos.

Hai que ter en conta que os peques tenden a pechar a man cando a van a poñer no papel, así que, ás veces, hai que axudarlles a abrila ao estampar.

Algúns peques poñen obxeccións a que lles pintemos a man enteira, entón aconsello que se lles deixe meter toda a man en pintura e despois poñan a pegada no papel.

Aquí déixovos uns exemplos de animais, pero hai miles de combinacións.


No hay comentarios: