Mostrando entradas con la etiqueta PROFE ELENA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PROFE ELENA. Mostrar todas las entradas

5/4/21

3 anos B

 Ola familias,

Como vedes somos uns e unhas artistas que pintamos tamén no patio do colexio a nosa silueta e de maneira cooperativa, pintaba o encargado e xs da súa mesa e dous mais que él ou ela elexía, e así de bonitas nos quedou, así rematáramos o segundo trimestre, a ver se mañá ainda están ahí ou a choiva as levou.


Un saúdo.

27/2/21

FEBREIRO (3 anos B)

 Ola familias,

No mes de Xaneiro e Febreiro estivemos traballando o inverno, e aquí contamos cunhas actividades moi divertidas que fixemos coa profe Lara, moitas grazas. 


Tamén estamos aprendendo a utilizar o escornabot, no panel aparece a inicial do nome, temos que localizala e mandar o escornabot cara a letra. Por agora soamente facemos accións de camiñar cara diante, contamos os cadrados para que poida facer o recorrido el só. 

  

Volvimos atoparnos a clase toda descolocada, que pasaría?... A trasna Belagullas volveu a aparecer, convidándonos a traballar sobre o corpo.


Para celebrar o Día de Rosalía de Castro, ademais de poñer uns claveis, aprendimos a poesía do moucho.

E este mes de Febreiro, rematamos un pouco tristes porque a profe Lara acabou as súas prácticas, e ten que voltar a facultade, esperemos que volva a facernos alguna visitilla porque toda a cativada a recibiremos cos brazos abertos. Ademáis, deixounos un agasallo, que en Atención educativa xa estrenamos, e gustounos moito. Déixovos tamén unha imaxe na que saímos todxs xuntxs

 

14/2/21

Día do AMOR (3 anos B)

 Ola familias, 

O venres ademáis de festexar o entroido estivemos traballando sobre o AMOR, na miña aula queremos romper co mito do amor romántico e falar de AMOR: amor cara á vida, amor cara á familia, amor cara ó que nos enche de felicidade e, por suposto, amor cara a nós mesmas/os.

 Así que amoseilles unha caisiña, na que lles dixen que dentro dela estaba a persoa que máis querían, e se me querían dicir de quen se trata, obtiven respostas coma: 

- A mi MAMÁ - A PAPI y a TELMO - A mi hermana JULIA - A mi amigo HUGO - A PAPÁ- A SONIA

Despois de falar das persoas a quen queríamos, amoseilles a persoa que mais querían e que aparecía na caixa, (asombráronse ao ver a súa imaxe reflexada nun espello), así que díxenlle que é moi importante QUERERSE A SÍ MESMO/A.

Tamén, falamos das PALABRAS DE AFECTO con que nos chaman as persoas que nos queren e nos amosan un AMOR verdadeiro. (Estas palabras as recolleremos nun libro que formará parte da nosa biblioteca)

E finalmente acabamos co conto de "Adiviña canto te quero" de Sam MCBRatney


Moitas grazas pola vosa colaboración,
Elena

12/2/21

ENTROIDO 3 ANOS B

 Ola familias,

Déixovos aquí todo o que traballamos relacionado co entroido:

Primeiro, no colexio temos un gran profe de música (o profe André), que nos encanta sus clases, e para non gustarnos, mirade con que nos sorprendeu esta semana: 

E na clase a partir do conto "É tempo de Entroido", o escornabot e a súa canción coñecimos a algúns personaxes, coma as pantallas, os peliqueiros, os boteiros,... e como todos levaban máscara decidimos crear a nosa propia máscara, a hora de pintala fixémolo de forma diferente, cun pulsador que eu facía soar a cativada tiña que cambiar de sitio, e coa súa cor que escolleu o principio axudábanse uns/unhas os/as outros/as a pintar as máscaras, nas imaxes veredes que aparecen en diferentes sitios.

      
E para rematar, déixovos un vídeo coa decoración do entroido.
Un saúdo da profe Elena

31/1/21

 Hola familias,

Déixovos algunhas cousiñas das que fixemos a volta do Nadal:

A evolución  de cada un a hora de debuxarse e escribir o seu nome

Propostas de vida práctica, para que vos axuden na casiña:

Momentos de Xogo



             


E xa festexamos o primeiro cumpreanos deste ano, Moitos Parabéns Nora:

23/12/20

Ola familias,

Aquí vai un vídeo que resume o mes de Decembro, moitas grazas pola vosa colaboración durante este trimestre tan diferente,... pero como xa vedes non faltaron os bos momentos, os sorrisos, as apertas, o afecto,... e todo grazas a cativada que son un exemplo a seguir e que te fai ir o cole con ilusión.


E por suposto neste mes de Decembro tamén tivemos cumpreanos:

LUKA


                                            
                     


Felices Festas

11/12/20

Os nosos contos favoritos

Ola,

Hoxe amósovos dous contos que nos encanta, no momento de elixir  o/a encargado/a, estes triunfan, así que déixovos uns vídeos no que aparecen as cancións.


        

30/11/20

Ola,

Despois de varias peticións por parte vosa, déixovos as letras das cancións que cantamos na clase e además algúns e algunhas quixeron participar, así que déixovos tamén os vídeos:

                      
                    
 
                    

27/11/20

 Ola familias,

Déixovos os seguintes vídeos:

Cousiñas que fixemos do outono este mes de Novembro e como vai evolucionando o/a encargado/a:

         
Un saúdo e bo finde.
Elena

20/11/20

 Ola familias,

O xoves, no faladoiro amoseilles unha piña e pregunteilles que pasaría se a introdicíramos na auga, as súas reflexións foron:

"QUE PUEDE CAMBIAR DE COLOR

PUEDE ESCAPARSE DEL AGUA

HUNDIRSE

PUEDE DORMIRSE

APLASTAR"

A volta da recreo, observamos que a piña pechárase, desta maneira protexía os piñóns da choiva.

Hoxe venres, aproveitando a auga da caixa, propúxenlles prantar landras, para iso, as metimos na auga, xa que as que flotaran non serviríasn e as que estaban no fondo da caixa, servíanos para despois prantar. E aquí un pequeno vídeo.



8/11/20

Iniciamos un novo proxecto

O luns atopámonos ao entrar a clase co nome de Belagullas e unha carta na que a trasna propúxonos un reto identificar o noso nome e o dos/as compañeiros/as. 

Conseguirémolo?:


Un saúdo da Profe Elena

1/11/20

 Ola,

Aquí déixovos o que fixemos no mes de Outubro:

Cada día un neno ou nena da clase é o/a encargado/a, no que vai poder decidir que cancións cantar, que libros leer, ou na semana de Samaín espertar o libro do cemiterio. Ademais, cada encargado/a, na lousa vai escribir o seu nome e dibuxarse, (non nos deu tempo a ser encargados/as a todos/as) así que van as fotos dos/as que o fixeron.



Ademais neste mes de Outubro fixemos diversas actividades, coma picar follas co punzón e despois coa lanterna do móbil intentábamos atrapar a sombra, e ver como se facía grande ou pequena cando alonxaba a lanterna ou a acercaba. Déixovos tamén un vídeo.


Tamén pintamos macarróns, para despois xogar a ensartar, cústanos un pouco xa que moitas veces o macarrón non quere entrar polo cordel, pero pouco a pouco imos practicando e traballando con esos dediños. Aquí vai o vídeo:


Este mes coincidiunos coa festa do Samaín así que dedicámoslle dúas semanas, a primeira semana estivemos pintando uns cartóns de leite que se converteron en casas terroríficas e así adornar o noso cemiterio de contos, a semana seguinte atopámonos co cementerio e cada día o encargado espertaba un conto, a verdade que gustáronlle moito iso de espertar os contos e escoitalos, tamén baleiramos unha cabaza enorme entre todos/as, e a Xoana ocorréuselle porlle barazos, así que puxémoslle uns paos e sacámonos unha foto. O venres era o gran día así que escribiron nun anaquiño de papel o medo de cada un e despois botámolos nun caldeiro de cabaza e fixemos un conxero. E non sei se o vístedes pero tamén hai un vídeo neste blog na que sale o alumnado de infantil, anímovos a velo.

E aquí vai o vídeo para que o poidades ver mellor.


Os de atención educativa un día baixamos o patio e coñecimos a mascota da Biblio que se chama Vide, contamos uns contos que nos trouxo Vide e xogamos o "pato pato choco", outro día baixaremos con todos/as para que o coñezan os demais. Por certo sabedes que temos un reto?, temos que aprender a canción de Vide, que non a coñecedes, mirar no seguinte enlace xa veredes que ben canta unha profe de primaria:






Na clase a nosa maneira de traballar e por mesas así que déixovos un exemplo de como facemos e tamén das distintas actividades pedagóxicas, porque non hai mellor maneira de aprender que xogando, e manipulando.

              

Un sitio onde nos encanta ir é o patio, algunhas veces baixamos e xogamos libremente pero outras veces o xogo é dirixido, coma cando aprendimos a xogar o "pato pato choco"


Tamén encántanos xogar, ainda que algunhas veces estamos aprendendo a non tirar todo polo chan.





E por suposto tamén neste mes houbo cumpreanos:

Diego, Bruno, Anxo e Martina

   

Todos/as teñen a súa obra de arte, pero Anxo e Martina como non están no colexio, fixémola entre todos/as. 

Ademais, tamén lle mandamos un vídeo cantándolles o cumpreanos feliz.



Un saúdo da Profe Elena.

2/10/20

PERÍODO DE ADAPTACIÓN 3 ANOS B

 Ola familias,

Facendo un resumo do noso periodo de adaptación, dicirvos que unha das actividades que lles plantexei era, se sabían que era, o que ides ver na imaxe:


Tiven respostas, coma: 

    - Una cola de un mono

    - Un caracol

    - Un gorro de bruja

    - Un calamar


Como vedes son moi imaxinativos e tívenme que desculpar por debuxar tan mal, xa que a miña intención cando o debuxei era un gorro dun trasno ou dunha trasna. Polo que a nosa clase vai ser a clase dos trasniños e das trasniñas.

Nestes días comezamos a facer un faladoiro / asamblea, no que contaban como se sentían, (alegres, tristes, enfadados, con medo) e aprendimos cancións como a de "Bo día" e "cinco dediños" de Çe Orquestra do seu disco fíos do querer, eles as canción soamente a escoitaron cantada polas profes, así que se lla ensinades, no ordenador, móvil, seguramente dirán que a coñecen. Déixovos os enlaces:

Bo día

Cinco dediños

Ata un neno e unha nena soltáronse a cantala, e coa emoción non me puiden resistir a gravalos, así que aquí déixovos os vídeos:




Neste periodo de adaptación tamén tivemos un cumpreanos, de Álvaro. Que decorou a súa corona, fixo a súa obra de arte e cantámoslle o Cumpreanos Feliz.

Déixovos algunhas fotiños:






Tamén deunos tempo a recoller folliñas no patio para facer algunhas actividades na clase, como manipular as follas, ou poñelas de modelo e despois eles nun folio debuxalas cos pinceis e as pinturas. Déixovos algunhas fotiños.







Relacionado tamén coa estación do outono escoitamos a canción de Outono de Uxia Lambona e a Banda Molona:



E por suposto xogamos moito:


E antes de marcharnos para casiña, ou o comedor mentras que imos a facer un pis e lavar as mans, escoitamos algunha canción de Magín Blanco:



E ata aquí cousiñas que fixemos en setembro.


Un saúdo da Profe Elena.