Mostrando entradas con la etiqueta LETRAS GALEGAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LETRAS GALEGAS. Mostrar todas las entradas

18/5/20

ACTIVIDADE DE MÚSICA

LETRAS GALEGAS
A profe Loli, convídavos a aprender
"o abecedario" galego cantando e bailando
con esta canción de Magín Blanco.

16/5/20

17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Para CONMEMORAR este día das LETRAS GALEGAS e render a nosa homenaxe a RICARDO CARBALHO CALERO propoñemos dúas actividades:
Un debuxo ou manualidade do conto
"AS PITAS BAIXO A CHOIVA"
(podedes imprimir este ou facer outro que vos guste)
Unha BÚSQUEDA DO TESOURO

Se facedes CLIC na foto de RODRIGO 
podedes acceder ás actividades das Letras Galegas
que xa estaban colgadas no blog

14/5/20

AGASALLO DE PACO

O profe Paco quere facervos un agasallo para esta finde na que celebraremos o día das Letras Galegas.
"Este sábado, 16 de maio, nova sesión de contacontos en liña
do Club das Lerchiñas ás 11h.
Non ides poder resistirvos a esta versión do clásico
A Princesa e o Chícharo, fiado dun xeito ben divertido por unha contadora como Beatriz Campos, membro de Migallas Teatro e difusora de literatura infantil na canle Kalandraka TV, achegando sempre co seu talento e profesionalidade o mundo do libro á cativada e ás/os que nunca deixamos de selo"
Facendo clic na imaxe accederedes ao contacontos e atoparedes máis informacion sobre
este Club das Lerchiñas

12/5/20

LETRAS GALEGAS 2020

NOTICIA IMPORTANTE
"O acto institucional das Letras Galegas
aprázase por 1ª vez na historia
ao 31 de outubro por mos do Covid-19"
Pero nós non imos deixar, por isto, 
de coñecer ao personaxe ao 
que se lle adica este día:
Ricardo Carbalho Calero
(Clic no nome para coñecelo)
Nestes enlaces atoparedes distintas
actividades sobre Ricardo Carballo Calero
e sobre as Letras Galegas
CLIC NA IMAXE
CONTO PARA LER
AUDIO CONTO
"AS PITAS BAIXO A CHOIVA"
CANCIÓN
"AS PITAS BAIXO A CHOIVA"
E se facedes clic na imaxe...
máis cancións