2/10/20

PERÍODO DE ADAPTACIÓN 3 ANOS B

 Ola familias,

Facendo un resumo do noso periodo de adaptación, dicirvos que unha das actividades que lles plantexei era, se sabían que era, o que ides ver na imaxe:


Tiven respostas, coma: 

    - Una cola de un mono

    - Un caracol

    - Un gorro de bruja

    - Un calamar


Como vedes son moi imaxinativos e tívenme que desculpar por debuxar tan mal, xa que a miña intención cando o debuxei era un gorro dun trasno ou dunha trasna. Polo que a nosa clase vai ser a clase dos trasniños e das trasniñas.

Nestes días comezamos a facer un faladoiro / asamblea, no que contaban como se sentían, (alegres, tristes, enfadados, con medo) e aprendimos cancións como a de "Bo día" e "cinco dediños" de Çe Orquestra do seu disco fíos do querer, eles as canción soamente a escoitaron cantada polas profes, así que se lla ensinades, no ordenador, móvil, seguramente dirán que a coñecen. Déixovos os enlaces:

Bo día

Cinco dediños

Ata un neno e unha nena soltáronse a cantala, e coa emoción non me puiden resistir a gravalos, así que aquí déixovos os vídeos:




Neste periodo de adaptación tamén tivemos un cumpreanos, de Álvaro. Que decorou a súa corona, fixo a súa obra de arte e cantámoslle o Cumpreanos Feliz.

Déixovos algunhas fotiños:






Tamén deunos tempo a recoller folliñas no patio para facer algunhas actividades na clase, como manipular as follas, ou poñelas de modelo e despois eles nun folio debuxalas cos pinceis e as pinturas. Déixovos algunhas fotiños.







Relacionado tamén coa estación do outono escoitamos a canción de Outono de Uxia Lambona e a Banda Molona:



E por suposto xogamos moito:


E antes de marcharnos para casiña, ou o comedor mentras que imos a facer un pis e lavar as mans, escoitamos algunha canción de Magín Blanco:



E ata aquí cousiñas que fixemos en setembro.


Un saúdo da Profe Elena.










No hay comentarios: