1/11/20

 Ola,

Aquí déixovos o que fixemos no mes de Outubro:

Cada día un neno ou nena da clase é o/a encargado/a, no que vai poder decidir que cancións cantar, que libros leer, ou na semana de Samaín espertar o libro do cemiterio. Ademais, cada encargado/a, na lousa vai escribir o seu nome e dibuxarse, (non nos deu tempo a ser encargados/as a todos/as) así que van as fotos dos/as que o fixeron.



Ademais neste mes de Outubro fixemos diversas actividades, coma picar follas co punzón e despois coa lanterna do móbil intentábamos atrapar a sombra, e ver como se facía grande ou pequena cando alonxaba a lanterna ou a acercaba. Déixovos tamén un vídeo.


Tamén pintamos macarróns, para despois xogar a ensartar, cústanos un pouco xa que moitas veces o macarrón non quere entrar polo cordel, pero pouco a pouco imos practicando e traballando con esos dediños. Aquí vai o vídeo:


Este mes coincidiunos coa festa do Samaín así que dedicámoslle dúas semanas, a primeira semana estivemos pintando uns cartóns de leite que se converteron en casas terroríficas e así adornar o noso cemiterio de contos, a semana seguinte atopámonos co cementerio e cada día o encargado espertaba un conto, a verdade que gustáronlle moito iso de espertar os contos e escoitalos, tamén baleiramos unha cabaza enorme entre todos/as, e a Xoana ocorréuselle porlle barazos, así que puxémoslle uns paos e sacámonos unha foto. O venres era o gran día así que escribiron nun anaquiño de papel o medo de cada un e despois botámolos nun caldeiro de cabaza e fixemos un conxero. E non sei se o vístedes pero tamén hai un vídeo neste blog na que sale o alumnado de infantil, anímovos a velo.

E aquí vai o vídeo para que o poidades ver mellor.


Os de atención educativa un día baixamos o patio e coñecimos a mascota da Biblio que se chama Vide, contamos uns contos que nos trouxo Vide e xogamos o "pato pato choco", outro día baixaremos con todos/as para que o coñezan os demais. Por certo sabedes que temos un reto?, temos que aprender a canción de Vide, que non a coñecedes, mirar no seguinte enlace xa veredes que ben canta unha profe de primaria:






Na clase a nosa maneira de traballar e por mesas así que déixovos un exemplo de como facemos e tamén das distintas actividades pedagóxicas, porque non hai mellor maneira de aprender que xogando, e manipulando.

              

Un sitio onde nos encanta ir é o patio, algunhas veces baixamos e xogamos libremente pero outras veces o xogo é dirixido, coma cando aprendimos a xogar o "pato pato choco"


Tamén encántanos xogar, ainda que algunhas veces estamos aprendendo a non tirar todo polo chan.





E por suposto tamén neste mes houbo cumpreanos:

Diego, Bruno, Anxo e Martina

   

Todos/as teñen a súa obra de arte, pero Anxo e Martina como non están no colexio, fixémola entre todos/as. 

Ademais, tamén lle mandamos un vídeo cantándolles o cumpreanos feliz.



Un saúdo da Profe Elena.

No hay comentarios: