29/1/21

30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ

 Este curso, decidimos no cole, para conmemorar o
DÍA DA PAZ, traballar un cadro moi significativo:
"EL GUERNICA" de Pablo Picasso.
Os peques viron enseguida o "caos" que se amosaba no cadro e quixeron saber moitas máis cousas.
Moi interesante escoitar a cantida de de cousasque son capaces de ver coa sua infinita imaxinación: dragóns, pantasmas, luces, animáis, xente con medo...
Facendo CLIC na foto podedes ter máis información sobre esta obra.
Pablo Picasso: Guernica 1937
Óleo sobre lienzo 349,3x776,6 cm. Museo Reina Sofía de Madrid

No patio do cole, pintaron os maiores do cole,
un Guernica xigante. Pero como a ninguén lle gustan as guerras, decidiuse cambiar o branco e negro orixinal, por cores que nos alegren e nos recorden o bonito que é a PAZ.
Nas aulas de infantil, fixemos un Guernica-Puzzle: Cada aula pintou un anaquiño do cadro e logo xuntámolos para facer o noso super cadro: 
Importante traballar a "COLABORACIÓN"
para construír PAZ.
En 6º de E.I., fixeron o seu Guernica "a cor"
Traballiños dos máis peques...
Nestes tempos tan "raros" precisamos moitos BICOS.
E que mellor día que hoxe para espallalos
polo mundo adiante.
E que pasaría se a guerra non inspirase a Picasso para facer o Guernica "caótico"???
E xa para rematar, un bonito contacontos que nos propón VIDE dende a Biblioteca.
Facede CLIC en Vide e a desfrutar do contiño.

No hay comentarios: