Ola familias,
No mes de Xaneiro e Febreiro estivemos traballando o inverno, e aquí contamos cunhas actividades moi divertidas que fixemos coa profe Lara, moitas grazas.
Tamén estamos aprendendo a utilizar o escornabot, no panel aparece a inicial do nome, temos que localizala e mandar o escornabot cara a letra. Por agora soamente facemos accións de camiñar cara diante, contamos os cadrados para que poida facer o recorrido el só.
Volvimos atoparnos a clase toda descolocada, que pasaría?... A trasna Belagullas volveu a aparecer, convidándonos a traballar sobre o corpo.
Para celebrar o Día de Rosalía de Castro, ademais de poñer uns claveis, aprendimos a poesía do moucho.
E este mes de Febreiro, rematamos un pouco tristes porque a profe Lara acabou as súas prácticas, e ten que voltar a facultade, esperemos que volva a facernos alguna visitilla porque toda a cativada a recibiremos cos brazos abertos. Ademáis, deixounos un agasallo, que en Atención educativa xa estrenamos, e gustounos moito. Déixovos tamén unha imaxe na que saímos todxs xuntxs

No hay comentarios:
Publicar un comentario