26/5/21

ASÍ TRABALLAMOS EN 5°B AS LETRAS GALEGAS 2021

 Con motivo da conmemoración das letras galegas este 17 de Maio de 2021 estivemos a facer conxuntamente cos alumnos de 4°  B de Primaria un proxecto a partir do conto "A  galiña Mariña".

Tanto á  profe Marisa, titora de 4° B, como a min pareceunos unha moi boa idea para fomentar a lingua galega a transmisión oral dunha xeración a outra. 

No primeiro encontro os nenos de 4° contáronlles o conto aos máis pequenos utilizando para iso un gran mural feito por eles que lles serviu de apoio visual. 

Todo isto levouse a cabo ao aire libre e utilizando todas as medidas de seguridade que marca o protocolo. 

Aquí déixovos o conto en formato PDF. 


No segundo encontro os maiores presentáronnos o vocabulario máis destacado do conto e do mural que o apoiaba. 
E por último, no encontro final contáronnos a historia de Lía, unha nena que seguindo o exemplo de Mariña plantou grans de millo para estudar o seu crecemento. 
Como nos gustou tanto, como final da actividade plantamos nós mesmos grans de millo que agora coidamos na nosa aula para que crezan como os de Mariña. 
Resultou unha actividade moi frutífera tanto para péquenos como para os maiores. 
Coa intención de que nos quedase un recordo regalámoslles un marca páxina a cada alumno de 4° feito por nós mesmos e eles obsequiáronnos cunha " galiña  patilouca".
Aquí deixámosvos o vídeo da actividade para que vexades como disfrutamos. 


















No hay comentarios: