Ola familias,
O venres ademáis de festexar o entroido estivemos traballando sobre o AMOR, na miña aula queremos romper co mito do amor romántico e falar de AMOR: amor cara á vida, amor cara á familia, amor cara ó que nos enche de felicidade e, por suposto, amor cara a nós mesmas/os.
Así que amoseilles unha caisiña, na que lles dixen que dentro dela estaba a persoa que máis querían, e se me querían dicir de quen se trata, obtiven respostas coma:
- A mi MAMÁ - A PAPI y a TELMO - A mi hermana JULIA - A mi amigo HUGO - A PAPÁ- A SONIA
Despois de falar das persoas a quen queríamos, amoseilles a persoa que mais querían e que aparecía na caixa, (asombráronse ao ver a súa imaxe reflexada nun espello), así que díxenlle que é moi importante QUERERSE A SÍ MESMO/A.
Tamén, falamos das PALABRAS DE AFECTO con que nos chaman as persoas que nos queren e nos amosan un AMOR verdadeiro. (Estas palabras as recolleremos nun libro que formará parte da nosa biblioteca)
E finalmente acabamos co conto de "Adiviña canto te quero" de Sam MCBRatney
No hay comentarios:
Publicar un comentario