Ola familias:
Este ano para conmemorar o día Internacional da Muller, o vindeiro 8
de marzo, o Equipo de Infantil, faremos unha EXPOSICIÓN para a que contamos coa
vosa colaboración.
O lema será: “A túa reflexión un exemplo a seguir:
Reflíctete” (Tu reflejo un ejemplo a seguir: Refléjate)
Precisamos unha FOTO d@ vos@ fill@ coa súa persoa feminina de referencia (debedes preguntarle a el@s: nai,
avoa, tía, irmá, coidadora…).
Sería moi chuli que dita persoa adoptase a postura de Rosie the
Riveter, imaxe de icona de referencia cultural da 2ª guerra mundial.
(Colgaremos a foto modelo no blog).
As fotos debedes mandalas: ANTES DO 1 DE MARZO:
·
Ao correo do blog (infantilmestrevide@gmail.com).
·
Ao cole, impresas en papel (tamaño máximo medio
folio).
Todo o material que nos mandedes, subirémolo ao blog a partires do 8 de marzo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario